maisescola21.com
Xoves, 13-Decembro-2018


Blanco
PortadaseparatorCampamentos de verán


Campamentos de verán

Campamentos de verán

Os diferentes Concellos, Organizacións, Asociacións adoitan contar cun gran número de familias que chegado o verán se atopan con máis dificultades para ocupar o tempo de lecer dos seus fillos e fillas. Por iso, dende Máis Escola 21, consideramos que os campamentos de verán posibilitan a creación dun espazo de educación, intercambio e experiencia, fundamental no desenvolvemento de nenos e nenas pero tamén para os máis maiores.


campamentosAdemais constitúen unha oportunidade para aprender a convivir nun ambiente afastado do entorno familiar cotiá, mellorando así o proceso natural de maduración do ser humano, mediante unha axeitada programación de actividades lúdicas que non esquecen a educación en valores, así como as relacións entre iguais e compañerismo, a motivación, experiencias para a vida e, en xeral, una morea de valores indispensables na súa personalidade.


Así, os nosos campamentos teñen como finalidade ofrecer unha alternativa lúdico-educativa aos nenos e nenas propoñendo diversas actividades de diversa temática que van dende xogos tradicionais, manualidades, ata excursións que intentan potenciar ó máximo as capacidades e habilidades dos e das participantes e favorecer a súa socialización nun ambiente de cooperación, igualdade e respecto. 


Na actualidade os rapaces e rapazas ocupan moito do seu tempo libre no emprego de videoxogos, televisión, esquecendo actividades tan enriquecedoras como son: os xogos tradicionais, o senderismo que lles posibilita a oportunidade de coñecer puntos de interese que teñen máis preto, e en xeral adquirir coñecementos dunha forma lúdica e compartir experiencias con outros nenos e nenas.


Ademais, todos os nosos campamentos son rexidos por unha filosofía de comunidade creada, planificada e orientada por un corpo docente responsable e competente entre profesores e profesoras, monitores/as e alumnado que traballan en equipo para garantir a harmonía, a sana convivencia, a alegría e o benestar de todos e todas.


Os e as destinatarias dos nosos campamentos orientanse e prográmanse tanto para os máis pequenos como para grupos de adultos que desexen realizar una actividade diferente nas vacacións de verán.


MaisEscola 21 ofrece distintos tipos de campamentos segundo a temática:

  • Campamentos de ocio e natureza
  • Campamentos de idiomas
  • Campamentos deportivos
  • Campamentos de aventura
  • Campamentos urbanos


Campamentos de verán - Foto 1
Campamentos de verán - Foto 2