maisescola21.com
Xoves, 13-Decembro-2018


Blanco
PortadaseparatorNoticiasseparatorNOVA OFERTA FORMATIVA: CURSO DE ALÉRXENOS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS


NOVA OFERTA FORMATIVA: CURSO DE ALÉRXENOS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS


Mércores, 15-Marzo-2017
NOVA OFERTA FORMATIVA: CURSO DE ALÉRXENOS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS - Foto

DESCRICIÓN

O curso de Alérxenos e intolerancias alimentarias é unha obriga ineludible para coñecer as enfermidades, os seus riscos, a lei e os métodos para manter baixo control os ingredientes de cada prato e a información de alérxenos.

OBXECTIVOS

  • Dar a coñecer os requisitos do Regulamento (UE) nº 1169/2011, do Parlamento Europeo e do Consello o 25 de Outubro de 2011 en relación á información achegada ó consumidor sobre as alerxias e intolerancias alimentarias, de obrigado cumplimento a partir do 13 de Decembro do 2014.
  • Coñecer os métodos de prevención frente as alerxias e intolerancias alimentarias e os novos requisitos do etiquetado de productos alimentarios.

DESTINATARIOS:

Calquera persoa interesada en ampliar a súa formación e os seus coñecementos no eido da manipulación dos alimentos. En especial para o alumnado que pertenza ó sector  da hostalaría, restauración e a alimentación.

REQUISITOS:

Esta acción formativa non esixe do alumnado ningún requisito en especial para poder cursalo.

CONTIDOS TEMÁTICOS

MÓDULO I: LEXISLACIÓN APLICABLE E NORMATIVA DE OBRIGADO CUMPLIMENTO

MÓDULO II: ALERXIAS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS.

  1. Definicións e conceptos básicos.
  2. Clasificación de reaccións adversas a alimentos.
  3. Diagnóstico.

MÓDULO III:  TIPOS DE ALÉRXENOS SEGUNDO A NORMATIVA.

  1. Mención das alerxias e intolerancias máis frecuentes nos diferentes grupos de alimentos.

MÓDULO IV: NUTRICIÓN E ALIMENTACIÓN.

  1. Pirámide da alimentación para adultos e nenos.
  2. Productos que poden ser sustitutos para persoas con alerxias ou intolerancias a alimentos.
  3. Necesidades nutricionais.

MÓDULO V: PREVENCIÓN DE RISCO EN ALERXIAS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS

  1. Selección de produtos.
  2. Etiquetado de alimentos sen gluten.

MÓDULO VI: PRIMEIROS AUXILIOS EN CASO DE INTOXICACIÓN ALIMENTARIA

  1. Anafilaxia.
  2. Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).
  3. Tratamento farmacolóXico de rescate en caso de anafilaxia.

 



Más noticias...