Os diferentes Concellos, Organizacións, Asociacións adoitan contar cun gran número de familias que chegado o verán se atopan con máis dificultades para ocupar o tempo de lecer dos seus fillos e fillas. Por iso, dende Máis Escola 21, consideramos que os campamentos de verán posibilitan a creación dun espazo de educación, intercambio e experiencia, fundamental no desenvolvemento de nenos e nenas pero tamén para os máis maiores.
Ademais constitúen unha oportunidade para aprender a convivir nun ambiente afastado do entorno familiar cotiá, mellorando así o proceso natural de maduración do ser humano, mediante unha axeitada programación de actividades lúdicas que non esquecen a educación en valores, así como as relacións entre iguais e compañerismo, a motivación, experiencias para a vida e, en xeral, una morea de valores indispensables na súa personalidade.
Así, os nosos campamentos teñen como finalidade ofrecer unha alternativa lúdico-educativa aos nenos e nenas propoñendo diversas actividades de diversa temática que van dende xogos tradicionais, manualidades, ata excursións que intentan potenciar ó máximo as capacidades e habilidades dos e das participantes e favorecer a súa socialización nun ambiente de cooperación, igualdade e respecto.
Na actualidade os rapaces e rapazas ocupan moito do seu tempo libre no emprego de videoxogos, televisión, esquecendo actividades tan enriquecedoras como son: os xogos tradicionais, o senderismo que lles posibilita a oportunidade de coñecer puntos de interese que teñen máis preto, e en xeral adquirir coñecementos dunha forma lúdica e compartir experiencias con outros nenos e nenas.
Ademais, todos os nosos campamentos son rexidos por unha filosofía de comunidade creada, planificada e orientada por un corpo docente responsable e competente entre profesores e profesoras, monitores/as e alumnado que traballan en equipo para garantir a harmonía, a sana convivencia, a alegría e o benestar de todos e todas.
Os e as destinatarias dos nosos campamentos orientanse e prográmanse tanto para os máis pequenos como para grupos de adultos que desexen realizar una actividade diferente nas vacacións de verán.
MaisEscola 21 ofrece distintos tipos de campamentos segundo a temática:
- Campamentos de ocio e natureza
- Campamentos de idiomas
- Campamentos deportivos
- Campamentos de aventura
- Campamentos urbanos