DESCRICIÓN
O curso de Alérxenos e intolerancias alimentarias é unha obriga ineludible para coñecer as enfermidades, os seus riscos, a lei e os métodos para manter baixo control os ingredientes de cada prato e a información de alérxenos.
OBXECTIVOS
- Dar a coñecer os requisitos do Regulamento (UE) nº 1169/2011, do Parlamento Europeo e do Consello o 25 de Outubro de 2011 en relación á información achegada ó consumidor sobre as alerxias e intolerancias alimentarias, de obrigado cumplimento a partir do 13 de Decembro do 2014.
- Coñecer os métodos de prevención frente as alerxias e intolerancias alimentarias e os novos requisitos do etiquetado de productos alimentarios.
DESTINATARIOS:
Calquera persoa interesada en ampliar a súa formación e os seus coñecementos no eido da manipulación dos alimentos. En especial para o alumnado que pertenza ó sector da hostalaría, restauración e a alimentación.
REQUISITOS:
Esta acción formativa non esixe do alumnado ningún requisito en especial para poder cursalo.
CONTIDOS TEMÁTICOS
MÓDULO I: LEXISLACIÓN APLICABLE E NORMATIVA DE OBRIGADO CUMPLIMENTO
MÓDULO II: ALERXIAS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS.
- Definicións e conceptos básicos.
- Clasificación de reaccións adversas a alimentos.
- Diagnóstico.
MÓDULO III: TIPOS DE ALÉRXENOS SEGUNDO A NORMATIVA.
- Mención das alerxias e intolerancias máis frecuentes nos diferentes grupos de alimentos.
MÓDULO IV: NUTRICIÓN E ALIMENTACIÓN.
- Pirámide da alimentación para adultos e nenos.
- Productos que poden ser sustitutos para persoas con alerxias ou intolerancias a alimentos.
- Necesidades nutricionais.
MÓDULO V: PREVENCIÓN DE RISCO EN ALERXIAS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS
- Selección de produtos.
- Etiquetado de alimentos sen gluten.
MÓDULO VI: PRIMEIROS AUXILIOS EN CASO DE INTOXICACIÓN ALIMENTARIA
- Anafilaxia.
- Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).
- Tratamento farmacolóXico de rescate en caso de anafilaxia.