maisescola21.com
Mércores, 9-Outubro-2024


Blanco
PortadaseparatorNoticiasseparatorProxecto Motívate IES Laxeiro (Lalín)


Proxecto Motívate IES Laxeiro (Lalín)


Sábado, 31-Maio-2014

En Máis Escola XXI somos conscientes das necesidades educativas do alumnado así como dos cambios acontecidos tanto na sociedade, como no sistema educativo e nas propias familias. É por todo isto que elaboramos propostas de traballo en prol da intervención psicoeducativa cos rapaces e rapazas en idade escolar. Un dos primeiros centros educativos en confiar na nosa profesionalidade é o IES Laxeiro (Lalín), onde durante parte dos meses de maio e xuño desenvolveremos o proxecto MOTÍVATE LAXEIRO, destinado a alumnado da ESO especialmente desmotivado e con dificultades no rendemento escolar, centrado no fomento da súa autoestima, motivación e desenvolvemento persoal. Dúas psicólogas con ampla experiencia neste eido serán as encargadas das diferentes sesións. Ángeles Rodríguez Bernárdez (Centro Psicoeducativo Kercus, Ourense) impartirá talleres de habilidades sociais e resolución de conflitos, mentres que Tania Rodriguez Canitrot (Intervención Psicoeducativa, O Carballiño) centrarase en autoestima, motivación e toma de decisións.



Más noticias...