Comprometidos con actividades educativas e deportivas innovadoras que potencien o desenvolvemento integral.
En Mais Escola XXI, ofrecemos servizos de deporte e educación cun enfoque na calidade e a atención personalizada. Contamos cun equipo profesional altamente cualificado e colaboramos con centros educativos, concellos e asociacións para favorecer o desenvolvemento integral de cada participante.
Actividades educativas que fomentan o desenvolvemento dos nenos de maneira amena e divertida.
Espazos de apoio para pais e nais, promovendo unha crianza activa e positiva que fomentan a súa participación.
Programas destinados a manter a mente e o corpo activos na terceira idade, mellorando a calidade de vida.
Actividades guiadas por profesionais expertos, adaptadas a todas as idades e niveis.
Servizos de animación para eventos, nos que a diversión e a participación son a base, creando un ambiente dinámico.
Campamentos cheos de actividades lúdicas e educativas, pensados para que os nenos disfruten e aprendan durante o verán.
En +ESCOLA XXI, ofrecemos unha ampla variedade de actividades cun claro obxectivo: garantir un ensino de calidade e un servizo do máis alto nivel para os nosos clientes.
Creamos un ambiente baseado no respecto e na empatía, onde os estudantes se sintan valorados e motivados para crecer.
Apostamos pola creatividade como ferramenta fundamental para desenvolver o pensamento crítico e a resolución de problemas.
Traballamos a intelixencia emocional para fortalecer a confianza, a resiliencia e as habilidades sociais dos nosos alumnos.
Contamos cos mellores especialistas nos ámbitos do deporte, a educación e a formación, garantindo un ensino de excelencia.
MaisEscola21 ofrece unha ampla variedade de cursos en idiomas, informática, saúde, emprego e novas tecnoloxías, adaptados ás necesidades dos participantes e impartidos por profesionais con experiencia.
O dossier de MaisEscola21 inclúe formacións en idiomas, informática, saúde, prevención de riscos e educación, con programas específicos como monitor de ocio e primeiros auxilios, impartidos por docentes especializados.